Novas do asociacionismo memorialista

90 anos do inicio da barbarie franquista

O próximo 18 de xullo,  a CRMH da Coruña, acompañará á A.C. Alexandre Bóveda nun roteiro da Memoria,  para lembrar, pero tamén para celebrar que somos quen de facer fronte ao terror e a inhumanidade. Resistencia  e memoria xuntas en irmandade.
O punto de saída será fronte o antigo cárcere (na beirarúa do paseo maritimo), ás 19 horas, e transcorrerá os lugares da Memoria até o peirao de Santo Amaro. Alí colleremos o barco para facer un paseo mariñeiro até a Dársena da Mariña, onde lembraremos a queima de libros naquel verán de hai 90 anos. Para rematar teremos a actuación musical de Axeitadiñas da A.C. Donaire na fachada portuaria do Rosalía, lugar que albergaba o Goberno Civil e que sufriu o bombardeo dos golpistas. 

Participan: Uxío Breogán Diéguez (Cátedra de Memoria Histórica da UDC), Marisol García (ACAB) Inés Merayo (Refuxios da Memoria) David Lozano (ARMH), Navia Pérez (Noite Bohemia), Rubén Centeno (CRMH), Bea Maceda (AELG) e Manuel Rivas.

Guiado por Aurora Paz (CRMH) e Carmela Galego (ACAB).Non é necesaria inscrición previa, pero dado que o barco ten limitación de prazas, repartiranse os tickets ao inicio do roteiro.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *