Novas do asociacionismo memorialista

A AC Cultura Aberta de Carral organiza o roteiro da memoria “As Catalinas”

O “Roteiro da Memoria As Catalinas”, é un percorrido pola historia dos asasinados no 1936 no lugar de As Catalinas en Beira, parroquia do Concello de Carral, explicando os feitos históricos da represión franquista nun dos lugares da provincia da Coruña onde foron paseados e asasinados presos políticos dos golpistas.

O roteiro transcorre polo mesmo camiño por onde os veciños da parroquia trasladaban nos seus carros de bois e vacas os defuntos que foran asasinados (paseados) nos arredores da canteira até o cemiterio parroquial. Un quilómetro e novecentos vinte metros onde se amosa información do acontecido nese lugar naqueles anos escuros por medio de mesas interpretativas e códigos QR.

A canteira das Catalinas, no monte das Teixoeiras, é un espazo de extracción áridos de posible orixe romana situado no bordo da N-550 que une A Coruña con Tui. E foi neste espazo onde se deu un dos episodios máis duros da represión en Carral, pois entre os días 14 de agosto e 3 de novembro de 1936 foron aparecendo aló menos 18 homes asasinados, vítimas da represión golpista.

O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer a historia desta represión e de como o réxime franquista espallaba o seu terror desde o golpe de estado do ano 1936. É o noso deber recuperar a memoria dos que foron asasinados por defender a democracia, a liberdade e a xustiza desde a legalidade.“Lembranzas de José Manuel Moledo Rodríguez e Luciano Costa García, vítimas das Catalinas”. No 2022 a Asociación Culturas Cultura Aberta de Carral publicou como parte dunha serie de homenaxes coa colaboración da ARMH este libro en lembranza das vítimas.

“Lembranzas de José Manuel Moledo Rodríguez e Luciano Costa García, vítimas das Catalinas”DescargaIntervención de Luís Lamela nas III Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica, “A Segunda República en Carral” (26 de outubro de 2007)

O punto de encontro será os aparcadoiros que están a carón da N550 no cruce coa estrada local que vai a As Travesas

https://maps.app.goo.gl/cXLhLiAfP1yMoayy6

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *