Actualidade

A asemblea de socias e socios da CRMH da Coruña acorda pechar a conta de X (antiga twiter) da asociación.

A asemblea xeral de socias e socios da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña celebrada este pasado martes, acordou o peche da conta da asociación na rede X (antiga Twiter). A CRMH da Coruña sumase así á longa listaxe xa de entidades, empresas, universidades e sociedade en xeral que ven pechando as contas nesta rede social polo rexeitamento ao funcionamento desta plataforma, alonxado claramente do respecto aos máis básicos valores democráticos e éticos polos que deben rexirse calquer sociedade que aspire a normalizar a convivencia e a racionalidade.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña migra a conta de X a Blue Sky que xa está accesíbel na seguinte ligazón: https://memoriadacoruna.bsky.social

Entre outros materiais de interese, recollese o traballo de investigación de Rubem Centeno titulado: “A cidade sepultada: a difusom do terror e as fosas franquistas de Santo Amaro. Memoria viva da represión na Coruña” memoriadacoruna.gal/a-crmh-da-co…

CRMH A Coruña (@memoriadacoruna.bsky.social) 2025-02-17T09:39:37.653Z
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *