A Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto Mulleres na Rua , a proxección do documental “Sacar a la luz. La memoria de las rapadas”
O luns 9 de decembro ás 19.00 h na sala de cine do Fórum Metropolitano, a Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros organiza, dentro do proxecto Mulleres na Rua , proxección do documental Sacar a la luz. La memoria de las rapadas
O documental SACAR Á LUZ transcende como a narración das memorias de mulleres que foron rapadas durante o franquismo, constitúe un proceso sanador en si mesmo.
A través dos testemuños de mulleres represaliadas, dos fillos e fillas que viviron os feitos moi de preto, dos familiares aos que lles chegou a memoria destas mulleres e de persoas investigadoras quen contextualiza o sucedido, faise visible o sufrimento que pasou de xeración en xeración marcando as súas vidas.
O corte de cabelo, que era a parte visible dos castigos, escondía a humillación, os desprezos, as torturas, as violacións… Esta violencia cara ás mulleres que aquí sae á luz foi acalada por ser considerada castigo menor quedando á marxe dos relatos oficiais da historia.
No documental ínstase á reflexión sobre o papel que temos desde o presente para xerar unha nova memoria para lembrar a estas mulleres.