Actualidade

A barbarie que Israel está a exercer sobre Gaza, protagoniza o cartel do Encontro Internacional ACAMPA 2024 “Infancia e Mocidade Refuxiada”

Durante eses días, os Xardíns de Méndez Núñez serán o espazo no que se confirme de novo que A Coruña é unha cidade sensible á dor humana. Especialistas, activistas, fotógrafos e fotógrafas especializadas en Xornalismo Humanitario, ONGs, documentais, música…conformarán o programa de ACAMPA2024. Tamén haberá de novo o que é xa o seu aceno de identidade, un campo de persoas refuxiadas simulado que, nesta edición, permitiranos entender como están actualmente millóns de persoas desprazadas dentro da Franxa de Gaza, sobrevivindo sen auga, sen comida e sen pertenzas baixo os ataques e o acoso permanente de Israel. As sete exposicións que na presente edición están programadas continuarán nas rúas ata o 30 de xuño.

Mais información en https://redeacampa.org/gl/

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *