A Comisión “O Castro”


A Comisión O Castro constituíuse na Coruña no 2025 coa declaración de Ben de Interese Cultural do Museo Galego de Arte Contemporáneo Carlos Maside (Sada). Dito museo, debido a sua significación histórica, social, cultural, creativa, económica, política e de memoria histórica, posúe unha personalidade definida. O obxectivo da Comisión O Castro é por coñecemento desta significación observar, defender e impulsar que o museo funcione de xeito activo seguindo o espírito co que foi establecido polos Fundadores -Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane-.
A Comisión O Castro está apoiada por un transversal número de entidades e personalidade a título individual. Son as seguintes ás que se poden sumar aquelas persoas, asociacións, colectivos, etc, que o desexen, sumándose ao Manifesto que podes consultar aquí, asinando na seguinte ligazón: https://memoriadacoruna.gal/manifesto-ocastro/

- Ateneos de Galiza.
- Asociación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña).
- Fundaçom Artabria (Ferrol).
- Plataforma Carlos Maside (Santiago de Compostela).
- Fundación Alexandre Bóveda (Pontevedra).
- Asociación Cultural Lugo Patrimonio (Lugo).
- 19 de Meirás.
- Bloque Nacionalista Galego.
- Agrupación Cultural O Facho (A Coruña).
- Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo (Sada).
- Asociación Cultural Eira Vella (Betanzos).
- Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (A Coruña).
- Rede de Escolas de Ensino Galego – Semente Nacional.
- Amigos dos Museos de Galicia (A Coruña).
- Plataforma Isaac – Sargadelos.
- Alternativa dos Veciños (Oleiros).
- Fundación 10 de Marzo (Santiago de Compostela).
- Comisión da Recuperación da Memoria Histórica Barbanza (Comarca da Barbanza).
- Asociación Amigos de Fefiñáns (Comarca do Salnés).
- Fundación Manuel María (Comarca de Outeiro de Rei, Lugo).
- Federación Galiza Cultura (A Coruña).
- Asociación Veciñal Plataforma Galega de Santiago (Santiago de Compostela).
- Marea Atlántica (A Coruña).
- Asociación Cultural Vagalumes (Comarca de Tabeirós – Terra de Montes).
- Asociación Cultural O Mural (A Coruña).
- Bravexo.
- Podemos (A Coruña).
- Asociación Cultural Terra de Outes (Comarca de Outes).
- Sumar (A Coruña).
- Asociación de Veciños Oza – Gaiteira – Os Castros (A Coruña).
- Plataforma pola Defensa da ría (Sada).
- Asociación Cultural Reino de Galiza.
- Sadamaioría (Sada).
- Asociación Veciñal Agra do Orzán (A Coruña).
- Amigas e amigos do Museo de Pontevedra (Pontevedra).
- Unión Anarcosindicalista (A Coruña).
- Asociación de Veciños Atochas – Montealto – A Torre (A Coruña).
- Defensa do Común (A Coruña).
Dado o carácter do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, feito coa vontade de ser parte da construción da sociedade galega, é compromiso da Comisión O Castro recoller o facho para coa continuación desta institución valiosa. Calquer tipo de degradación, sexa cal sexa (material, simbólica ou de uso), so pode indicar unha total e absoluta falta de respecto a ter en conta. Non so xa para coas figuras dos Fundadores, senón tamén para coa sociedade para o cal foi construído.
Iria-Friné Rivera Vázquez.
Coordinadora da Comisión O Castro (A Coruña).

