Actualidade

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña ven de renovar a súa Xunta Directiva

Carlos Babío Urkidi é xa o novo presidente da CRMH.

A Asemblea de soci@s da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña vén de escoller como Presidente da entidade a Carlos Babío Urkidi en substitución de quen viña desempeñando o cargo até o momento, Fernando Souto Suárez.

Como Secretaria da Asociación foi eleita Beatriz Parga Massa e como tesoureira Beatriz Gómez Amigo. As persoas que ocupan estes novos cargos xa formaban parte da anterior Xunta Directiva, ao igual que o vogal eleito Manuel Villares Creo.

Os catro membros citados, repiten na conformación da Xunta Directiva á que se incorporan tamén como vogais, Xosé María Palacios Ares, Teresa Correa Fernández-Carrascosa, Natalia San Vicente Pellicer, Ramón Isasi Méndez, Pilar Vázquez Rodríguez, Emilio Vega Rodríguez e Dolores Ares Torrado.

A nova Xunta Directiva márcase como obxectivos a reivindicación da urxente retirada da sorprendente cantidade de simboloxía franquista que aínda permanece nos nosos espacios públicos, a devolución da casa Cornide ou as demandas sobre o Pazo de Meirás que ainda esta pendente de sentenzas xudiciais e da súa resignificación como lugar da Memoria. Todo elo dentro do ano no que a Asociación cumpre o seu 20 aniversario, que pretendemos lembrar con diferentes actos e actividades.

Como actividades inminentes xa temos en marcha a elección da persoa Republicana de Honra 2024 e a organización dos actos con motivo do Día da República.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *