Actualidade

A Coruña, porto negreiro

Un acto organizado pola AC Alexandre Bóveda sobre o proxecto de investigación A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade, que dará pé a coñecer os detalles da exposición A Coruña: Porto Negreiro, desenvolvida no MUNCYT. Un traballo fundamental para o coñecemento da memoria histórica da nosa cidade

O mércores 15 de xullo ás 19:30 no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Santo Andre 36-1º da Coruña) acolle a conferencia sobre o proxecto de investigación A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade, que dará pé a coñecer os detalles da exposición A Coruña: Porto Negreiro, desenvolvida no MUNCYT.

No acto intervirá a arquitecta Cristina Botana, unha das responsables desta investigación, quen abordará os descubrimentos sobre a nosa historia local. O proxecto proponse como un exercicio de memoria crítica que interpela directamente á cidade e a quen a habitan, cuestionando de xeito directo os relatos hexemónicos tradicionais e abrindo un espazo necesario para aquelas historias que foron sistematicamente silenciadas ao longo do tempo.

Cristina Botana é doutora en Arquitectura e Urbanismo pola UDC, especialista en segregación urbana e investigadora posdoutoral Juan de la Cierva na USC, cunha estadía na Universidade de Berkeley enfocada no análise decolonial e antisistémico.

Para asistir hai que inscribirse previamente na web da AC Alexandre Bóveda na seguinte ligazón: https://acalexandreboveda.gal/event/a-coruna-porto-negreiro/

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *