Actualidade

A CRMH da Coruña acudiu á inauguración do local da CGT na Coruña

A CRMH da Coruña acudiu hoxe, sábado 23, á inauguración do local da CGT, na R/ Entrepenas, n° 6.
Os e as conferenciantes falaron da historia sindical da FLO na cidade. Nesta sede preténdese incluir un centro de documentación que afonde na historia da memoria colectiva. Son máis de 150 anos de loita, dende que no 1871 se fundara e na cidade a primeira sede, da man da CNT.


Lembrouse a folga de consumeiros de 1901, que supuxo nove mortos e moitos feridos. En 1906 erguiuse, na sua lembranza, un monumento, por suscrición popular, no cemiterio da Coruña.
O sindicato disolviuse coa Ditadura de Primo de Rivera, no 1927, e voltou a legalizarse no 1930. Na Segunda República adquiriu un notable crecemento, sendo unhas das federacións con máis poder obreiro de todo o Estado.


Na Coruña destaca a grande folga da construción de 1933, en toda a segunda metade do ano. Coa Frente Popular había na Cidade máis de 13.000 sindicados na CNT- FAI. Pero a sublevación militar do 18 de xullo do 36 causou estragos nos seus dirixentes e nos homes e mulleres asociados aos sindicatos anarquistas. Nos anos do franquismo, loitou, agochada, tanto na mesma Cidade, co Despertar Marítimo, na organización das fugas por mar, como na organización das federacións guerrilleiras galego- leonesas.


Lembrouse tamén de figuras senlleiras, xa falecidas, como a nosa socia Mariquiña Villaverde, que morreu no 2020, e traballou na memoria oral, en lembranza de seu pai José Villaverde. Pechouse o acto cun combite a uns petiscos e a visita á exposición de Mulleres libertarias.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *