Actualidade

A CRMH da Coruña amosa o seu pesar polo pasamento de Jesús Castro Vidal, Republicano de Honra 2024

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere amosar publicamente o seu pesar polo falecemento no día de hoxe de Jesús Castro Vidal, nomeado moi recentemente pola Asemblea de socias e socios da nosa asociación como Republicano de Honra 2024. Este galardón entregámosllo o pasado día 13 de abril durante a celebración na Coruña da tradicional cea da República.

Jesús Castro Vidal deixa en Sada unha pegada inesquencible como persoa comprometida coas causas sociais e cos valores republicanos que sempre defendeu. A súa traxectoria vital estivo tamén ligada sempre na defensa dos valores democráticos e na defensa da memoría, da xustiza e da reparación das vítimas da barbarie franquista.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *