Actualidade

A CRMH da Coruña asistirá á conferencia que o embaixador de Palestina impartirá na UDC

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña asitirá á conferencia que, impartirá o Sr. Embaixador de Palestina en España, D. Husni Abdel Wahed, baixo o título ” Palestina: setenta e sete anos de espera” que terá lugar o día 10 de outubro (xoves) ás 18:00 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Atende así o convite do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad,  representando á nosa asociación a directiva da CRMH da Coruña Beatriz Gómez Amigo.

Compre lembrar que a Iniciativa Galega pola Memoria na que esta integrada a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ven de apoiar o Manifesto en Soliedariedade con Palestina con motivo da manifestación nacional convocada o pasado 6 de outubro en Compostela:

Cando se compre un ano da agresión a Gaza que deixa uns niveis de morte e destrución sen precedentes e logo de máis de 76 anos de ocupación ilegal, as organizacións abaixo asinantes facemos un chamamento ao pobo galego a saír ás rúas en defensa destas reivindicacións:


1. A denuncia e o rexeitamento ás accións militares do Estado sionista de Israel tanto na Faixa de Gaza como no resto de territorios palestinos o que supón unha grave violación do dereito internacional.
2.A detención inmediata das agresións e a total retirada das tropas de ocupación e das colonias ilegais na Palestina.
3.O respecto pleno ao dereito de soberanía da Palestina dos pobos da rexión.
4.A total solidariedade co pobo palestino. Lamentamos a perda de milleiros de vidas e manifestamos o profundo pesar polas vítimas e o padecemento da súa poboación.
5.Instamos á Unión Europea a dar o apoio humano e humanitario necesario á Palestina e ao seu pobo, en coordinación coa comunidade internacional. Instamos tamén a intensificar os esforzos de axuda humanitaria e de emerxencia e obrigar a Israel a respectar o dereito internacional humanitario.
6.Instamos á Unión Europea, ao Estado español e ao Goberno da Xunta de Galicia a organizarse para acoller nas mellores condicións ás persoas refuxiadas que poidan derivarse desta agresión militar.
Asemade, que se comprometan á atención socio sanitaria das crianzas palestinas en grave situación de vulnerabilidade. Demandamos tamén a estas institucións a ruptura de relacións diplomáticas e de acordos académicos e comerciais co estado de Israel.
7.Pedimos á Unión Europea un maior esforzo para impulsar unha desescalada da ocupación e da violencia a través de relacións diplomáticas e do respecto do dereito internacional.
8.Pedimos aos concellos da Galiza o compromiso de non acoller ningún evento de carácter deportivo, cultural ou doutra índole con asociacións ou organizacións israelís. Adherimos á convocatoria de boicote económico a Israel e comprometémonos a non mercar produtos de orixe israelí, nin realizar contratacións con empresas do estado sionista.
9.O recoñecemento do Estado Palestino, co seu territorio íntegro, entre o río Xordán e o mar Mediterráneo.
10.Apoiamos a convocatoria dunha manifestación nacional de solidariedade co pobo palestino e en denuncia do xenocidio en Gaza e da ocupación da Palestina o vindeiro 6 de outubro ás 12h desde a Alameda de Compostela.


Galiza con Palestina! Paremos o xenocidio!

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *