Actualidade

A CRMH da Coruña asistirá á inauguración do monumento adicado ás vítimas do franquismo no cemiterio municipal de Lugo

Poema no Memorial Xérmolos na Avenida de Navarra da Coruña, adicado ás vítimas do franquismo na Comarca da Coruña, de Claudio Rodríguez Fer

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña atenderá o convite da área de Participación e Servizos para a veciñanza do Concello de Lugo, e asistirá á inauguración da obra de Alvaro de la Vega en memoria da vítimas da represión franquista que terá lugar no cemiterio municipal de Lugo este vindeiro xoves 21 de novembro ás 17:00 horas.

No acto interverirá quen tamén o fixera no seu día, na inauguración do monumento ás vítimas do franquismo da Avenida de Navarra na Coruña, – que promoveu no seu día a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña -, Claudio Rodríguez Fer, que xunto a Carmen Blanco encargaránse de por a poesía a este acto de memoria. Da música encargarase o compañeiro da CRMH da Coruña, Xosé Luis Rivas “Mini”.

Unha nova de memoria e xustiza e memoria que nos chega desde o Concello de Lugo ao que lles damos os parabéns pola iniciativa.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *