A CRMH da Coruña celebrará mañá mércores asemblea de soci@s para nomear á persoa Republicana de Honra 2024
A Asemblea de soci@s da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña celebrará mañá a partir das 19:00 horas no salón de actos de Portas Artabras (cidade Vella da Coruña) reunión de socios e socias co fin de escoller que persoa será nomeada como Republican@ de honra. A escolla realizarase mediante votación entre as propostas que se presenten polas persoas socias da entidade memorialista.
Esta escolla forma parte dos actos e actividade que a CRMH da Coruña desenvolve cada ano (agás por mor da pandemia no 2021) ao redor do Día da República que ven organizando desde o ano 2008. (nesta ligazón pode consultarse a relación completa de persoas nomeadas).
A CRMH da Coruña creou recentemente un Grupo de Traballo no que participan socias e socios da entidade para a organización e xestión dos eventos que se celebrarán con motivos da celebración do Día da República.