Actualidade

A CRMH da Coruña considera insuficiente e tardía a sanción que anuncia a Xunta de Galiza aos Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

A Xunta de Galiza anuncia unha proposta de sanción contra a familia Franco de 3.000 euros, en aplicación da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza ao non abrir o palacete de Cornide ao público segundo prevé esa Lei. Diante deste anuncio, facemos público desde a CRMH da Coruña, o seguinte comunicado:

1.- Queremos lembrar desde a CRMH da Coruña que as actuacións da Xunta de Galiza a este respecto sempre son consecuencias de denuncias da sociedade ou da propia Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sempre demorado e lento, o que fai que os incumprimentos legais da familia Franco se manteñan tamén no tempo diante da pasividade das administracións públicas, nomeadamente da Consellaría de Cultura, competente na materia.

2. O incumprimento das obrigas do Franco nesta materia son reiteradas e constantes. Non esquezamos que o que estamos a vivir en Cornide a respecto da apertura do ben, o vivimos en relación co Pazo de Meirás, mediando incluso a provocación pola familia Franco.

3.- Con independencia da procedencia de sancións administrativas e no suposto de que a familia Franco continúe co incumprimento das súas obrigas legais, a CRMH lembra que tamén poidera ser constitutivo de infracción penal (art. 289 Código Penal), razón pola cal a Xunta debería proceder á imposición das medidas coercitivas agravadas (e mesmo penais) que procedan en defensa da legalidade e do interese público.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *