Actualidade

A CRMH da Coruña lembra ao goberno municipal os compromisos acadados no Consello Municipal da Memoria Democrática (CMD) a respecto da retirada da simboloxía franquista na cidade da Coruña

O CMD valorou unanimemente que A Coruña está a incumprir de xeito claro e evidente a Lei de Memoria Democrática a respecto da simboloxía franquista na cidade da Coruña.

A CRMH da Coruña lembra que na citada reunión do CMD celebrada o pasado día 30 de maio, o concelleiro de Memoria comprometeuse a elevar a pleno urxentemente o informe do Instituto Cornide que existe ao respecto da retirada da simboloxía franquista.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere lembrar que na sesión do Consello Municipal de Memoria Democrática (CMD) valoráronse e acordáronse a respecto da retirada da simboloxía franquista, as seguintes cuestións:

  1. O CMD valorou unanimemente que o Concello da Coruña está a incumprir de xeito claro e manifesto a Lei de Memoria Democrática, concretamente o recollido no seu artigo 45 ao respecto dos símbolos e elementos contrarios á memoria democrática.
  2. O CMD acordou dar como válido a Memoria realizada no seu día por un grupo de traballo coordenado polo Instituto Jose Cornide de Estudos Coruñeses, para a aplicación da Lei da Memoria Histórica no Concello da Coruña en relación coa denominación de rúas, avenidas e prazas da cidade da Coruña.
  3. O CMD valorou e acordou unanimemente a necesidade urxente de que o pleno da corporación do Concello da Coruña se pronuncie ao respecto sen máis demora, tendo en conta que o informe ten unha antigüidade de máis de catro anos.
  4. Neste sentido, e a petición unánime do CMD, o concelleiro que presidiu ese día a sesión deste órgano consultivo, recoñeceu os incumprimentos e comprometeuse a dar traslado do informe ao Pleno na primeira sesión ordinaria que celebrase, para pronunciamento deste, sen detrimento de seguir avanzando na elaboración doutros informes a respecto doutros símbolos contrarios á memoria democrática que existan na cidade da Coruña.

A CRMH da Coruña considera que o goberno municipal non pode continuar máis tempo na inacción sobre o cumprimento da legalidade vixente en materia de memoria democrática e esixe ao goberno municipal que cumpra o seu compromiso de abordar está cuestión no primeiro pleno ordinario da corporación, esto é, o vindeiro venres 11 de xullo.

O contido dos símbolos e elementos contrarios á memoria democrática recollidos na Memoria citada, son os seguintes:

  • Fernando Alvarez de Sotomayor (Praza, titulo de Fillo adoptivo e retrato)
  • Pedro Barrie de la Maza (Avenida, Fillo predilecto e retrato)
  • Benito Blanco-Rajoy Espada (Rúa)
  • José Calvo Sotelo (Avenida e Travesía)
  • Diego Delicado Marañón (Rúa, Fillo Adoptivo e retrato)
  • José Fariña Ferreño (Rúa e medallas de Prata e Ouro da cidade)
  • Ambrosio Feijoo Pardiñas (Rúa)
  • Alfonso Molina Brandao (Avenida, Fillo predilecto, Monolito, Medalla de ouro da cidade e retrato)
  • Eduardo Ozores Arraiz (Praza e retrato)
  • Sergio Peñamaría de Llano (Rúa e retrato)
  • José Pérez Ardá y López Valdivieso (Rúa, monolito e retratos)
  • Antonio Ponte Anido (Rúa)
  • Enrique Salgado Torres (Avenida, Aparcadoiro Público e Medalla de ouro da cidade)
  • Eduardo Sanjurjo de Carricarte (Rúa e monumento)

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *