A CRMH da Coruña organiza este sábado 30 de novembro un roteiro da memoria da represión e dos restos do franquismo
O roteiro pretende simbolizar e reivindicar as cuestións abordadas durante as diferentes palestras das Xornadas de Memoria organizadas con motivo do 20 aniversario da creación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, concretamente a simboloxía e restos do franquismo, os espolios e os lugares da memoria da represión.
O roteiro partirá de Porta Real, xunto ao monumento a Alfonso Molina, un dos restos do franquismo na cidade da Coruña ás 12:00 horas deste sábado 30 de novembro. Neste punto contaremos coas intervencións de Pilar Vázquez e Manuel Monge. Continuará pola Cidade de Vella pola rúa Donas, onde pararemos frente a Casa Cornide, un dos espolios significados do franquismo onde inervirá Carlos Babío. Desde alí partiremos ata a praza das Atochas, onde faremos unha parada para afondar na memoria deste entorno da man de Beatriz Parga e Beatriz Gómez Amigo, continuando cara a Praza da Corales onde remataremos o roteiro e onde contaremos coa inervención de Dani Palleiro.
No roterio contaremos coa participación de Isa Risco e Xurxo Souto e a música do gaiteiro Fernando Román Pérez.