Actualidade

A CRMH da Coruña participará na homenaxe a José Goméz Gayoso e Antonio Seoane

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña participará o vindeiro domingo 10 de novembro na homenaxe a José Gómez Gayoso e Antonio Seoane, asasinados polo fascismo en 1948 e que coorganizará a Xuventude Comunista e o Partido Comunista de Galicia.

O acto terá lugar no Cemiterio Civil de Santo Amaro ás 12:30. Coa responsabilidade de seguir mantendo viva a chama do noso pasado, convidámosvos a asistir a esta cita que, ano tras ano, segue a ser ineludible para as comunistas da Coruña.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *