Actualidade

A CRMH da Coruña participou en Ferrol, da inauguración do memorial ás vítimas do franquismo en Ferrolterra

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fixo ofrenda floral diante do monumento memorial das máis de 900 vítimas do franquismo que sufriron a brutal e salvaxe represión franquista entre os anos 1936 e 1975 nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

No acto de inauguración do memorial e malia as condicións metereoloxicas foi moi concurrido, participando familiares de represaliados, historiadores e representación dos concellos das tres comarcas, ademais de entidades memorialistas e cidadanía en xeral.

Desde a CRMH da Coruña queremos darlle os parabéns e o agradecemento polo traballo da Comisión organizadora, impulsora deste xusto recoñecemento, e que ainda que chega tarde no tempo, sigue a ser tan necesario para recoñecermos como sociedade democratica.

Desde hoxe, e pé da obra escultórica do artista local Manuel Patinha sita no parque Antón Varela, no barrio de Canido, figuran xa recoñecidas as persoas con nomes e apelidos represaliadas polo franquismo en Ferrolterra.

Nesta ligazçon podes visualizar unha galeria de fotos sobre o acto. https://photos.app.goo.gl/Z6vMtdaYBvmgJDg56

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *