A CRMH da Coruña participou hoxe nos actos de homenaxe aos mártires pola liberdade Anxel Casal entre outros homenaxeados
Convidados polo concello da Coruña, organizadora deste acto, participamos na mañá de hoxe na ofrenda floral no cemiterio de Santo Amaro e homenaxe diferentes figuras da cultura Coruñesa. Consideramos necesaria a nosa presenza hoxe no cemiterio, xa que entre as persoas homenaxeadas estaba Anxel Casal, asesiñado polo fascismo en 1936, entre outros recoñecidos na mañá de hoxe , como Leandro Carré Alvarellos.
Tamén participamos activamente no recoñecemento realizado polo Concello da Coruña no monumento ás mortos e mortas pola Liberdade.