A CRMH da Coruña participou na tarde de hoxe da inauguración da imaxe que lembrará no Cemiterio Municipal de Lugo ás persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a Dictadura Franquista
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, participou na tarde de hoxe na descuberta da obra artística de Alvaro de la Vega en memoria da vítimas da represión franquista que terá lugar no cemiterio municipal de Lugo (Cemiterio de San Froilán)
O acto contou coa presenza do Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e as intervencións de Cristina López, edil responsábel do Cemiterio, Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco, que realizaronn unha lectura de poesía relacionada coa memoria histórica e con intervencións musicais de Xosé Luis Rivas “Mini”.
Parabenizamos así ao Concello de Lugo pola iniciativa.




