Actualidade

A CRMH da Coruña participou na tarde de hoxe na homenaxe a Manolito Bello

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña, participou hoxe coa presenza de varios membros da Xunta Directiva, no acto de homenaxe a Manolito Bello organizado pola Xuventude Comunista e o Partido Comunista de Galicia (PCG), acto que contou coa presenza tamén de familiares do homenaxeado, asasiñado polo réxime franquista en 1946

No acto interviu o presidente da CRMH Carlos Babío. Deixamos aquí un estracto da súa intervención:

Manolito Bello non era un mozo ao que lle colle ninguna guerra cando o asasiñan. Manolito era un neno, un raparigo que nacera moi preto de aquí, na rúa de Monelos que medra entre a mais brutal represión. 

Manolito pasa a súa infancia consciente, e desde a visión dun neno, dos paseos, dos asasiñatos, das execucións sumarísimas, dos ingresos arbitrarios nas cadeas inhumanas, das execucións, das torturas, das fuxidas, do exilio. 

E plenamente consciente desde a súa infancia, da barbarie, da dor, da miseria e sufrimentos ás que son condeadas inhumanamente centos de familias do seu entorno vital.
E por elo que sendo mozo se organiza xunto a outras persoas na resistencia contra, a barbarie e decide loitar contra ese brutal réxime que se forxa durante a súa nenez e os anos posteriores a ela. Para elo ingresará na JSU (Xuventudes Socialistas Unificadas) e na resistencia antifranquista formando parte da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia.

Na súa loita antifascista está a razón da sua detención. Das torturas na cadea, do xuizo sen garantías que puxo en evidencia as arelas de vinganza do réxime franquista, e do seu brutal asesinato  a garrote vil. Do mesmo xeito que o fixeron con outros loitadores pola democracia como no caso de Salvador Puig Antic en 1974.

E todas e todos eles comparten outra inxustiza tamén. A impunidade. 

Porque h oxe estamos aquí para lembrar. Para recuperar a verdade do que realmente aconteceu. Mais tamén para esixir alto e claro xustiza e reparación.

Porque non facelo é imcompatible coa democracia. As democracias do mundo que sufriron na súa historia o fascismo, lembran con homenaxes de estado ás persoas, que como Manolito Bello, loitaron pola liberdade. Por un mundo mellor e mais xusto.

Hoxe vemos o avance da extrema dereita e dos neofascismos. E vemos como entre as suas primeiras esixencias está a de borrar a memoria. Eliminar as leis de Memoria Democratica e involucinar aos relatos de impunidade franquistas.

Por eso é tan importante seguir hoxe lembrando e homenaxeando a Manolito Bello. Hoxe mais que nunca, e necesario lembrar e reclamar dignidade, verdade xustiza e reparación a todas as vitimas da barbarie franquista.

Por todo elo, moitas grazas desde a CRMH da Coruña 
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *