Actualidade

A CRMH da Coruña presenta o programa de actividades con motivo do Día da República 2024

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fai público o programa de actividades que se desenvolveran ao redor do Día da República 2024.

Este ano centralizaranse boa parte das actividades no Concello de Sada, de onde é natural o nomeado como Republicano de Honra 2024, Jesús Castro Vidal. Todos os actos programados desenvolveranse o sábado 13 de abril.

En concreto, o primeiro dos actos terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Sada a partir das 12 horas, na que se celebrará un acto institucional coa presenza de Jesús Castro Vidal. A partir da vindeira semana, a CRMH remitirá convites as institucións públicas representativas e entidades memorialistas para a asistencia a este acto na localidade mariñán.

Rematado este acto, acudiremos ao monumento adicado ás vítimas do franquismo en Sada onde xunto á Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada realizaremos unha ofrenda floral, tamén acompañados por quen promoveu no seu día a colocación deste memorial, Jesús Castro Vidal. A previsión desta ofrenda será ás 13:00 horas.

Pola tarde, a partir das 19:00 horas, realizaremos a xa tradicional ofrenda floral no memorial “Xérmolos” ubicado na Avenida de Navarra, na Coruña e posteriormente celebraremos a Cea da República no Hotel Meliá Maria Pita a partir das 21:00 horas, onde faremos entrega a Jesús Castro da peza institucional da CRMH da Coruña co nomeamento como Republicano de Honra 2024.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *