A CRMH da Coruña reúnese coa Deputación da Coruña
Unha delegación da Xunta Directiva da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña mantivo no día de hoxe unha entrevista coa Deputación da Coruña. Na sede provincial recibiunos a deputada responsábel da area de Igualdade, Língua e Dereitos Civís, Soledad Agra.
Durante a reunión abordaronse diferentes liñas e proxectos de colaboración entre a Deputación e a CRMH da Coruña, así como a necesidade de retirar a simboloxía franquista en lugares dependentes da Deputación e de concellos da provincia da Coruña.
Desde a CRMH valoramos moi positivamente o encontro e as colaboracións acordadas, das que iremos informando proximamente.