Actualidade

A CRMH da Coruña solicita a actuación do Estado, diante da decisión consciente do Concello da Coruña en incumprir a Lei de Memoria Democrática en materia de simboloxía

A CRMH da Coruña ven de solicitar á Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática a incorporación no Catálogo de símbolos, honras e distincións contrarios coa memoria democrática, recollidos no informe-memoria elaborado no ano 2019 baixo a dirección do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, diante das trabas conscientes e as evidencias de desobediencia meditada por parte do Concello da Coruña, para non cumprir o establecido na Lei de Memoria Democrática en materia de simboloxía.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, ven de rexistrar un escrito diante da Dirección Xeral de Promoción da Memoria Democrática, co fin de que se inicie o procedemento nos termos recollidos na Lei de Memoria Democrática en materia de simboloxía e o Real Decreto que a desenvolve, para a retirada de simbolos franquistas na cidade da Coruña.

Todo elo, co fin de que sexa o Estado quen actúe, diante das trabas, incumprimentos e actitudes que demostran as claras a decisión do goberno municipal de incumprir a Lei de Memoria Democrática, en materia de simboloxía. Poñamos exemplos das evidencias delo:

  • O 17 de novembro de 2021, o Consello Municipal da Memoria Democrática (en adiante CMD) do Concello da Coruña, sometía a coñecemento do plenario, un informe sobre símboloxía contraria á memoria democrática. Dito informe, elaborado por un grupo de traballo, e baixo a dirección do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses, dérase xa a coñecer na sesión deste organo celebrado o 27 de novembro de 2019.
  • Tras ese Consello de novembro de 2021, e a pesar dos escritos de solicitude e denuncia de incumprimentos no réxime de sesións do CMD (as sesións ordinarias teñen que convocarse cada 6 meses), a CRMH da Coruña no conseguiu que o Concello da Coruña o convocase ata maio de 2025. Ou sexa, case 4 anos de imcumprimentos na convocatoria do CMD e 5 anos para aprobar un informe elaborado no ano 2019!!!.
  • No CMD celebrado en maio de 2025, tras varias solicitudes da CRMH da Coruña, o acordo foi claro e unánime ao respecto. O Concello da Coruña estaba a incumprir de maneira clara e singular a LMD e o  informe do Instituto Cornide tiña plena actualidade. Valorouse a necesidade urxente de dar traslado á Corporación Municipal para que adoptase os acordos necesarios para dar cumprimento á LMD na cidade. Estos acordos unánimes foron novamente incumpridos polo Concello da Coruña.
  • Chegamos ao mes de novembro de 2025. A CRMH da Coruña, lembrou a obrigatoriedade de convocar o CMD segundo as normas establecidas. Este convocase para o 18 de decembro. O Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, adía posteriormente a convocatoria para o 13 de xaneiro deste ano, suspendéndose o mesmo día da reunión polo propio concelleiro novamente.

Diante desta tomadura de pelo constante (neste e noutros asuntos relacionados coa memoria histórica na cidade) e a reiteración no incumprimento da legalidade, solicitamos recentemente unha reunión coa alcaldesa e co delegado do goberno en Galiza, da que non recibimos contestación a dia de hoxe.

Complementamos hoxe con esta nova iniciativa para que o Estado inicie o procedemento legal e resolva en base ás competencias outorgadas na LMD, a retirada e eliminación de símbolos franquistas que teñen evidencias e informes como é este caso.

Lembramos tamén, que  o informe do Instituto Cornide debe ampliarse xa que existen outros moitos símbolos na cidade que deben  ser retirados tamén.

ESCRITO PRESENTADO NO MINISTERIO DE POLITICA TERRITORIAL Y MEMORIA DEMOCRÁTICA – DIRECCIÓN GENERAL DE PROMOCIÓN DE LA MEMORIA DEMOCRÁTICA

INFORME MEMORIA DIRIXIDO POLO INSTITUTO JOSÉ CORNIDE DE ESTUDOS CORUÑESES SOBRE ELEMENTOS CONTRARIOS Á MEMORIA DEMOCRÁTICA NA CIDADE DA CORUÑA

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *