A CRMH da Coruña solicita por escrito ao concello da Coruña actuacións urxentes ao respecto do cárcere da Coruña
O Concello está obrigado a ordenar a SIEPSE a executar forzosamente labores de conservación e rehabilitación. A pasividade municipal de anos debe rematar.
A CRMH da Coruña entende que non pode demorarse mais a situación da antiga prisión da Coruña, polo que tamén presentou outro escrito diante do Ministerio de Interior para que esta administración cumpra sen demora ás súas obrigas de mantemento e rehabilitación desta infraestructura.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña entende que o cárcere da Coruña non pode seguir máis tempo na situación de abandono absoluto e sen ningún tipo de actuación por parte das administracións públicas competentes que o levaron a un estado lamentábel e de total abandono.
Desde a CRMH da Coruña presentamos escrito solicitando do Concello da Coruña actuacións urxentes para o cumprimento do recollido na lexislación e normativa municipal a respecto dos deberes legais de conservación e rehabilitación do antigo cárcere da Coruña.
Mais én concreto, a CRMH solicita do Concello a incoación de expediente para a adopción de medidas forzosas (orde de execución) para obrigar a SIEPSE ao cumprimento dos seus deberes legais respecto da conservación e rehabilitación dun ben catalogado, como é o caso do edificio do antigo cárcere.
Incoación de expediente que é unha obriga legal para o Concello da Coruña, en aplicación da normativa legal e municipal en materia de tutela do patrimonio cultural. A pasividade de anos do Concello da Coruña ante o deterioro progresivo do estado do edificio non pode durar mais tempo.
Con independencia dos litixios administrtaivos e xudiciais, é Siepse-Miniterio do Interior o propietario do edificio, polo que é o Estado o obrigado á súa conservación e rehabilitación.
Ao tempo solicitamos do Concello da Coruña, motivado polo evidente incumprimento dos deberes legais de conservación e rehabilitación do citado inmoble por parte do SIEPSE-Estado mantido no tempo, se proceda á apertura do correspondente expediente sancionador de acordo co establecido na Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles.
Demandamos que o concello exerza as súas competencias relativas aos deberes legais de conservación e rehabilitación do cárcere e demande do estado obrigas ao SIEPSE-Estado como propietario do inmóbel. Tamén solicitamos que se teña por parte interesada á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña nas actuacións municipais ao respecto.
ESCRITO PRESENTADO DIANTE DO CONCELLO DA CORUÑA SOLICITANDO ACTUACIÓNS URXENTES
O edificio, catalogado no planeamento municipal co Nivel II de protección estructural, nunca deixou de ser propiedade do Estado, foi desafectado como cárcere en 1998, deixando esta infraestructura sen uso definido, e desde entón en estado de total abandono respecto ao seu mantemento, rehabilitación e conservación, á que están obrigados pola normativa estatal, autonómica e pola Ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles.
E por elo que a CRMH da Coruña presentou tamén escrito diante do SIEPSE-Ministerio do Interior (como propietaria do inmoble) a que cumpra coas súas obrigas de mantemento, rehabilitación e conservación, ao tempo que demandamos un acordo institucional que permita a cesión gratuita ao Concello da Coruña, xa que non hai razón algunha que ampare a negativa do Estado á cesión de balde do inmoble toda vez que o Ministerio do Interior si cedeu de balde outras antigas prisións como foron os casos da antiga prisión de Zamora, ou máis recente, a de Granada.
Por último, tamén demandamos do Concello da Coruña implicación para acadar un acordo institucional para a reversión e cesión gratuita ao Concello da Coruña do inmóbel
ESCRITO PRESENTADO DIANTE DO SIEPSE-ESTADO SOLICITANDO ACTUACIÓNS URXENTES






Pingback: A CRMH da Coruña solicita diante da Dirección Xeral de Memoria que o antigo cárcere da Coruña sexa declarado como Lugar de Memoria - Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña