A CRMH da Coruña súmase ao comunicado da Federación de Asociacións Galegas na Arxentina de repudio ás políticas de demolición dos Dereitos Humanos
Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña sumámosnos ao comunicado da Federación de Asociacións Galegas na República Arxentina de repudio ao goberno de Arxentina pola sua política de demolición dos dereitos humanos ao que animamos a sumarse a todas as entidades e asociacións galegas e que reproducimos a continuación:
No ano 2006, a Federación de Asociacións Galegas na República Arxentina presentouse diante da xustiza arxentina, como parte querelante, na causa que investigaba delitos de lesa humanidade cometidos durante o terrorismo de estaso.
A presentación realizouse a xeito de loita pola plena vixencia dos DDHH, porque a nosa institución non só pula polos intereses da comunidade galega, senón que vai máis aló, ingresando nos dereitos sustanciais que fan á dignidade do ser humano no seu conxunto, sabendo que a nosa función, atópase indisolublemente ligada a atopar a xustiza respecto de todo@s @s galeg@s (de orixe, fill@s e net@s) e españois que foran vítimas da persecución política durante o terrorismo de estado.
Hoxe, a máis de 18 anos daquela iniciativa contra a impunidade, repudiamos a política de demolición do goberno nacional contra da Secretaría de DDHH da Nación, con miles de traballador@s despedidos, no peche do “Espacio Cultural de la Memoria Haroldo Conti”, o avance contra o “Archivo Nacional de la Memoria” que custodia a documentación producida pola CONADEO, fondos documentais de grande valor e, en particular, o “Registro Único de Víctimas del Terrorismo de E·stado”.
Como emigrantes, fillos e netos, somo parte do pobo arxentino e continuaremos a nosa loita contra esta política negacionista que reivindica os crimes do terrorismo de estado. Pola Memoria daqueles que nos antecederon, reafirmamos o noso posicionamento contra estas novas políticas de impunidade.ç
Hoxe coma onte decimóslles, NON PASARÁN.
Comisión Directiva da Federación de Asociación Galegas da República Arxentina