Actualidade

A ferida aberta no 36

Desde a CRMH da Coruña compartimos este intersante Podcast realizado por Nuria López sobre a caida da Coruña tras o alzamento militar.

O podscat recolle as testemuñas de Maruxa Seijas e de familiares de vítimas do Portiño (Marga Tarrío e Suso Serantes) e de Elena martínez Alvajar, filla de quen fora nomeada como Republicana de Honra pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña no ano 2009, Teresa Alvajar. Tamén recolle testemuñas do mundo da investigación como son as de Eliseo Fernández, Luis Lamela e do noso compañeiro Rubém Centeno.

A descripción deste episodio é a seguinte:

A cidade de A Coruña non tardou en caer tras o levantamento militar. Os golpistas descabezaron o poder político e iniciaron unha represión brutal en toda a cidade. Un dos momentos máis tráxicos foi a fuxida frustrada do Portiño. Analizámolo neste capítulo e falaremos do encarceramento de Teresa Alvajar, filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da irmandiña e galeguista Amparo López Jean. Co gallo do ano Castelao, falamos de Viñetas desde o Atlántico que incluíu ao rianxeiro no cartel deste verán.

Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña queremos parabenizar publicamente a Nuría López por este fantastico traballo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *