Fosas Cemiterio de Santo Amaro

A fosa de Julio Nieto López en TVE

Este vindeiro venres 21 de outubro TVE estrea o programa “Cuanta guerra” no que a familia de Julio Nieto visita o cemiterio civil de Santo Amaro na Coruña, onde está localizada a fosa desta persoa asasinada en 1946 a garrote vil na antiga prisión provincial da Coruña.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña colabora coa familia de Nieto na localización exacta da fosa no cemitero, e na decisión de solicitar diante da fiscalia de Memoria Democrática e Dereitos Humanos o recoñecemento e reparación integral por parte do Estado.

TVE estrea este vindeiro venres a partir das 22 horas o programa “Cuanta guerra”, onde diferentes convidados do ambito da comunicación e da cultura visitan escenarios vinculados á guerra civil e a represión, e no que descubren en tempo real o que aconteceu aos seus antepasados e que supoxo para eles o contido bélico.

Neste episodio de estrea, o programa visitará o cemiterio civil de Santo Amaro na Coruña xunto á familia de Julio Nieto López.

Se queres coñecer o caso e a figura desta persoa asasinada polo franquismo, podes facelo nesta ligazón

Partillar

Un comentario en «A fosa de Julio Nieto López en TVE»

  • Na hemeroteca atópase fácilmente a noticia do xuizo e sentencia, a lo menos, no ‘Progreso’ e mais en ‘El Ideal Gallego ‘

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *