A Plataforma Galiza pola República organizará o 19 de xuño, a Festa pola República
Con motivo do 10º aniversario da coración de Felipe VI, a plataforma “Galiza pola República e o dereito a decidir” organiza o vindeiro día 19 de xuño mércores unha festa pola República no Campo da Leña da Coruña a partir das 20:00 horas.
Previa á festa, haberá diferentes mesas informativas de difusión do Manifesto de Galiza pola República e o dereito a decidir, de acordo co seguinte calendario:
Luns, 17 de xuño, de 19 a 21 horas no Obelisco.
Martes, 18 e xuño, de 18 a 21 horas no Campo de Marte, xunto á biblioteca da Asociación Veciñal.
