A represión franquista no norte de Marrocos
A CRMH da Coruña e a AC Alexandre Bóveda organizan o acto de presentación do libro “A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a guerra civil española” de Dionisio Pereira.
O acto de presentación terá lugar na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André 36 1º) o xoves 26 de febreiro ás 19:30 horas
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, presentan o último libro do investigador coruñés Dionísio Pereira González: A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a guerra civil española.
Un traballo de autoedición, coa colaboración do colectivo rifeño “Tifraz n´Rif”, publicada en árabe e español.
Foron anos de investigación en arquivos, bibliografía, de entrevistas… para dar luz a brutal represión que sofriron os rifeños que opuxéronse a ser parte do exército español en África, que sublevouse a tarde do 17 de xullo de 1936, en Tetúan, a circunscripción occidental en que estaba dividido dito exército.
A circunscripción oriental, da que formaba parte a cidade de Alhucemas, a sede de Melilla e parte do Rif, padeceu as consecuencias de apoiar ao goberno da República, con perto de cincuenta persoas, que foron torturadas e asasinadas.
O historiador Dionísio Pereira presentará este traballo, e por suposto contribuirá a xa grande bibliografía escrita sobre a guerra, cunha aportación inédita sobre a colonia española mediterránea en África, nos tempos da Segunda República e posterior sublevación e guerra civil. Franco fíxose co mando do Exército de África, e coa axuda do goberno italiano e alemán, trasladou unha grande parte inmediatamente á Península. A sublevación fascista non triunfou, pero sí implicou a todo o Estado nunha cruel guerra de tres anos, onde as primeiras vítimas foron os militares e civís que negáronse a apoialo.


