Actualidade

Acto de homenaxe a Albina Pérez, loitadora antifranquista exemplar

O seu fillo Luis Costa, é socio da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica que se suma a esta merecida homenaxe que terá lugar este vindeiro sábado día 22 de marzo en León

o obxectivo principal do evento é o de render homenaxe a Albina Pérez, loitadora antifranquista, coincidindo coa recente celebración do seu centenario.
Albina Pérez (León, 1925) é, xunto a Nicolas Sánchez Albornoz (Madrid, 1926), a única sobrevivente do grupo de loitadores universitarios membros de FOINA (Federación Universitaria Estudantil) que foron represaliados en 1947 pola Brigada Político Social e encarcerados polas súas reivindicacións pacíficas na contorna da universidade. Aproveitarase a ocasión para facer entrega da Declaración de realización por parte do Secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, tanto a Albina Pérez como a Nicolás Sánchez Albornoz, que tamén asistirá ao acto.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña sumase a este merecido recoñecemento e homenaxe e comisiona ao noso socio Iñaki Bergaretxe, que asistirá ao acto en León, que traslade o noso recoñecemento e parabéns a esta loitadora compremetida cos dereitos humanos e o antifranquismo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *