Acto na A.C. Alexandre Bóveda sobre o “Patronato de protección a la Mujer”
O Patronato de protección a la Mujer é unha institución franquista descoñecida para a maioría da poboación aínda que foi máis lonxeva da nosa historia: non se pechou ata 1985. Nos seus centros foron encerradas á forza miles de mulleres mozas que non cumprían coa norma social imposta pola ditadura.
Poida que sexa a institución máis represiva e máis descoñecida do franquismo. Poida que as súas vítimas sexan, de entre toda a inocencia, as máis inocentes. Nenas desvalidas –non descarriadas, desvalidas-, como aquelas que Almudena Grandes contaba en “As tres vodas de Manolita” a primeira vez que soubemos da existencia do Padroado, e a primeira, tamén, na que ignoramos ata que punto asemellábase ao inferno…. Mesmo investigamos durante meses a implantación da institución en Galiza. Pero nada nos preparara para o impacto que supuxo escoitar ao propia Consuelo García del Cid e a Loli Gómez Benito contando a súa historia e, con ela, a marca que o paso por aquelas institucións relixiosas deixoulles para sempre. A elas e a miles –centos de miles, matiza Consolo- de nenas. Algunhas sobreviviron, outras non. A igrexa puxo ao dispor do organismo franquista toda unha rede de cárceres e unha lexión de carcereiras… (Montse Fajardo) (enlace ao artigo completo: Ni Dios ni las cien pesetas.
Para falar do Patronato de protección a la Mujer contaremos con Consuelo García del Cid e Loli Gómez Benito, ambas pechadas no Patronato na súa adolescencia, e que nestes días están por Galiza.
Data: Sábado, 21 Setembro 2024
Hora: 18:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda – Rúa Santo André, 36-1º – 15003 A Coruña