Actualidade

Acto polo Día da Galiza Martir na Coruña

Como todos os anos, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a AV Oza.Gaiteira Os Castros o Día da Galiza Mártir na Coruña, diante do monumento dedicado a Alexandre Bóveda, no Paseo que leva o seu nome (Zona de Catro Camiños). Nesta ocasión será o sábado 17 de agosto ás 19.30 h.

No ano 1942 a Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir.

Neste día, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista, vilmente asasinado na Caeira (Poio, Pontevedra), rendemos homenaxe a todas as persoas represaliadas e lembramos, igualmente, todas as vítimas da represión franquista.

Contaremos con Montse Fajardo, xornalista e investigadora sobre a represión franquista nas mulleres. Foi comisaria das exposicións  Sinaladas, a loita das galegas no século XX, e Rexas, mulleres baixo o terror franquista e co-comisaria da exposición Do gris ao violeta. Forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Falará do que significou para as mulleres a ditadura, non só para as que sufriron directamente a represión senón para todas, que mudamos os dereitos cidadás que empezara a darnos a II República, pola misoxinia do nacional catolicismo, que nos homes perseguiu a militancia e nas mulleres o pecado.

A música correrá a cargo do Grupo Doa en formato dúo co que gozaremos dun pequeno concerto coa voz de Susana de Lorenzo e a guitarra de Xoan PiñónDoa é unha formación histórica dentro da música popular e medieval galega.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *