Acto sobre o exilio galego en México
Celebrarase no Concello de Sada este vindeiro xoves 22 de maio ás 18:00 horas no Salón de Plenos sito no edifico da Avenida do Porto.
O acto é publico e libre ata completar o aforo
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña xunto á AC Irmáns Suárez Picallo de Sada, a AC Eira Vella de Betanzos e o Concello de Sada, organizan este acto con motivo da presentación do novo libro de Graciela Ortega Lorenzo titulado “Arroz con leche a la Veracruzana” como homenaxe a Veracruz, cidade que a pesar de enfrentar todo tipo de adversidades, recibiu con xenerosidade e agarimo aos barcos do exilio republicano, unha vez rematada a guerra civil.
No libro abordase a historia de Antía, unha exiliada galega que, logo de atravesar a a fronteira francesa, consigue fuxir a México para establecerse en Veracruz, botar raices e formar unha familia. Anos máis tarde será a a súa filla quen volte a Galiza, onde nacerá Iria, personaxe crucial da trama.

Neste acto de presentación participará desde a cidade de México Josefina Tomé Méndez, filla de pai e nai exiliad@s. O seu pai era Carlos Tomé Alonso (Nado en Vilalba – Lugo) e Amadora Méndez Coedo (Nada en Foxos – Lugo), ambos afiliad@s ao Partido Galeguista en Barcelona. Na actualidade forma parte do Consello de Residentes e é vogal de Memoria Histórica do Ateneo Español de México.




Ademais das intervencións das persoas representantes das asociacións organizadoras, e do alcalde de Sada, contaremos coa intervención da autora do libro, Graciela Ortega Lorenzo (Mataró-Barcelona) é diplomada en Xestión e Administración Pública na Universitat de Barcelona e funcionaria da Generalitat de Catalunya. De ascendencia galega, moi vencellada á terra e língua da súa nai, forma parte da Asociación Teatral Furninllas de Barcelona. Grazas a eles decatouse de que se hai algo que goste máis que contar historias é escribilas.
A través do Grupo descubreu a figura do poeta Florencio Delgado, exiliado da II República en México.
Nese pais contactou con descendentes de exiliados republicanos os cales moi xenerosamente compartiron a historia dos seus pais. Tamén coñeceu e descubriu unha cidade, Veracruz coa que creou un vínculo afectivo moi especial que foi durante séculos a porta de entrada a México por mar desde o Atlántico como tamén o foi para a autora.

