Novas do asociacionismo memorialista

Ante a posible instalación dun skatepark sobre o parque Antón Varela, en Canido

Reproducimos a continuación a nota emitida hoxe por diferentes asociacións memorialistas de Ferrolterra.

Ante a nova aparecida nos medios de comunicación sobre a aprobación, pola Xunta do Goberno do Concello de Ferrol, da instalación dun parque de Skate sobre o parque Antón Varela en Canido, as Asociacións e historiadores abaixo firmantes manifestamos o seguinte:

Valoramos moi positivamente, como non pode ser doutro xeito, a creación de novos espazos
deportivos e de lecer na cidade, máis ainda se van dedicados á xuventude que debe ter sempre
lugares axeitados de convivencia, encontro e sana actividade.

Consideramos que o lugar elexido, neste caso, pola Xunta de Goberno para a instalación citada,
non é o indicado polas seguintes razóns:

Ocupa e desvirtúa unha zona verde, dedicada ao músico Antón Varela, pavimentando 400 metros
cadrados dela sen necesidade, existindo no barrio lugares máis idóneos.

Deixa en segundo plano e nunha situación marxinal ao Memorial ás Vítimas do Golpe Militar e
Ditadura Franquista, que debe gozar dunha posición preferente, cun espazo ao seu redor, onde se
podan celebrar actos, cando sexa oportuno, como a exitosa convocatoria do día da súa
inauguración.
Máxime tendo en conta que acaba de ser proposto, entre otros lugares do termo municipal, como
Espazo da Memoria Democrática, e con toda seguridade será así declarado.

A súa proximidade ás vivendas ocasionará graves molestias sonoras á veciñanza, cuestión que
non sucede con outras equipacións similares existentes, como a de A Malata, lonxe da zona
residencial.
Rogamos por tanto, á Xunta de Goberno, a reconsideración da súa decisión mudando o lugar de
ubicación desta instalación sen dúbida importante e necesaria.

Apoian este comunicado:
Asociación Cultural Fuco Buxán.
Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
Asociación Sociocultural López Bouza.
Ateneo Ferrolán.
Historiadores:
Enrique Barrera Beitia.
Ánxela Loureiro Fernández
Guillermo Llorca Freire
Bernardo Máiz Suárez
Xosé Manuel Suárez Martínez

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *