Republicanas de Honra

As mulleres do 10 de marzo de Ferrol (Republicanas de Honra 2022)

AS MULLERES DO 72

Reciben este nome un grupo de mulleres que participaron en numerosas actividades reivindicativas a favor das liberdades en xeral e da clase obreira en particular. A partir do ano 1972 tiveron un papel moi importante na loita pola amnistía dos presos políticos xurdidos a raíz dos sucesos do 10 de marzo en Ferrol.

Durante décadas ignorouse o seu labor. No relato dos feitos históricos esquecéronse aqueles movementos propiciados por elas, omitíronse as súas experiencias, reduciuse a súa valla ao quedar agochadas baixo a simple denominación de familiares dos líderes e os nomes quedaron no anonimato ou ocultos tras os apelidos dos seus esposos.

No ano 2018 comezouse a recoñecer a auténtica dimensión destas mulleres, grazas ao interese de Sainza Ruiz, edil de Igualdade no Concello de Ferrol, que logrou que se lles concedese o “X Galardón do Día Internacional das Mulleres”; ao documental “Esto se cae” de Marta Corral e Ángel Garcia; e ao libro “Voces da memoria con ollos de muller” de Ánxela Loureiro.

REPUBLICANAS DE HONRA 2022

Rosario Alabau Albors “Sari”
Carmela Amor Deus
Libertad Barcia Vilar
Josefina Freijomil Rodríguez “Fina”
Mª del Carmen García Basani
Divina García Ferreño
Ana María García Jiménez
Mª Cristina García Jiménez “Maki”
Pilar Graña Murguía
Mª del Carmen Hermida Cobo
Josefa López Ferreiro “Fina”
Manuela López García “Manola”
Ánxela Loureiro Fernández
María A. Loureiro Fernández
Teresa Mandía Castro
Marisol Novás Lorenzo
Pilar Otero Rey
Manuela Paredes Pérez
María Pérez Casal “Maruja”
Josefa Piñón Seoane “Fina”
Encarna Puentes García
Antonia Rey Mosquera “Toñita”
Rosa Suárez Vidal
Josefa Varela Fontán “Fina”

In memorian
Lucía Aneiros Rodríguez “Lucita”
Miluca Díaz Garrote
Ángeles Fernández Dopico “Angelita”
Josefa Fernández Dopico “Pepita”
Mª Ángeles Fernández Pérez “Maruxa”
María García Deibe
Mª del Carmen García López “Kika”
María Hermida Bellón “Maruja”
Hortensia Landeira Pontijas
María Lista Lago “Maruja”
Carmela López Barcia.
Mari Miraz Fernández
Carmela Pérez Rodríguez
Jesusa Sanjurjo Pazos “Susa”
Manuela Valcárcel Luaces “Mela”

CONTEXTO HISTÓRICO

No ano 1972 a ditadura de Franco tiña moita fortaleza e non permitía que o movemento obreiro estivera tan desafiante en Ferrol. Dende primeiros de marzo na empresa Bazán estábanse producindo paros para conseguir un convenio máis xusto, por iso o dia 9 entrou a policía á factoría e cargou contra obreiros e o dia 10 endureceu a represión disparando contra os manifestantes, producindo dúas mortes, máis de cincuenta feridos, unha centena de persoas persoas detidas e toda unha cidade horrorizada e paralizada ante a traxedia.

As mulleres nese tempo tiñan moitos impedimentos para formar parte dese colectivo: as leis do momento prohibían que traballasen nos talleres do esta leiro; a educación, controlada pola “Sección Femenina”, transmitia a ideo- loxía da desigualdade asegurando que o seu papel estaba no fogar coldan- do ao marido e ás crianzas; legalmente sempre dependia da potestade dun home, ou do pai ou do marido. E, non obstante, a pesar de non ser de Bazán, de ter que desenvolver os labores domésticos, sendo a diana de miradas Inquisitivas e de ser tempos de clandestinidade, estas mulleres tiveron un gran protagonismo.

A SÚA PARTICIPACIÓN NA LOITA

Este grupo de mulleres non é homoxéneo, nin en canto ás idades, nin ás súas orixes, as súas profesións ou o seu compromiso. Algunhas iniciaron a loita por conciencia politica e outras por influencias familiares, pero todas por solidariedade coa clase obreira. Unhas cantas estaban organizadas no Movemento Democrático de Mulleres ou no Partido Comunista e tiñan experiencias ante- riores de loita apolando ao movemento obreiro pois xa participaran nas mobilizacións anteriores de PYSBE, Peninsular Maderera e Megasa.

O dia 9 de marzo de 1972 estiveron nas inmediacións do estaleiro ferrolán agardando a saída dos obreiros, informando a transeúntes e manifestándo- se na tarde. O día 10 de marzo colaboraron cos feridos nos centros médicos, entrevistáronse con autoridades e organizaron unha manifestación pola tarde.

A partir dese día dedicaron todos os esforzos a loitar polas liberdades, as que xa viñan desenvolvendo actividades reivindicativas e moitas outras que se uniron ante a tráxica situación. Elas realizaron numerosas actividades sempre encamiñadas a denunciar os terribles acontecementos e a lograr a amnistía: entrevistándose constantemente con autoridades eclesiásticas, civís e militares para comprometelas na mediación; participando en coloquios, asistindo a actos para informar da situación no cárcere; elaborando cartas e recollendo sinaturas para facer chegar as reivindicacións aos máis altos estamentos; ofrecendo refuxio ás persoas perseguidas a pesar do perigo; visitando aos presos na cadea tanto na prisión de A Coruña como en numerosas provincias da xeografía; acompañando e levantando a moral a todas as persoas que sufrian algunha adversidade.

Esta lolta non se reduciu a un ano senón que abrangueu ata o ano 1976 en que saíron os últimos presos. Durante este tempo a maioría sufriron algún tipo de represión. No cárcere de A Coruña cumpriron condenas Rosario Alabau Albors, Manuela B. Valcárcel Luaces, Josefa Varela Fontán e Victoria Díaz Cabanela. A Divina Garcia Ferreño e a Manuela López Garcia impuxé- ronlles sendas multas por enfrontarse á policia. Marisol Novás Lorenzo, Ángeles Fernández Dopico e Josefina Freijomil Rodríguez coñeceron o exilio en Francia. Estas adversidades unidas a varias detencións e incluso algunha agresión da extrema dereita non Impediron que este grupo de mulleres mantiveran unha actitude combativa e puxeran o seu grao de arena na conquista das liberdades e da democracia.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *