Buscamos á filla de Febe Sánchez Turienzo
Recentemente puxose en contacto coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, unha persoa que desexa atopar á filla de Febe Sánchez Turienzo, fusilado o 26 de xullo de 1936 na Coruña (enterrado despois nunha fosa localizada no cemiterio municipal de Santo Amaro.
Na fotografía que encabeza este texto, podemos ver a Febe Sánchez Turienzo coa súa filla María Antonia Sánchez Celeiro, que se vivira tería hoxe 93 anos, xa que naceu o 2 de novembro de 1932 froito do matrimonio ente Febe Sánchez e Antonia Celeiro con residencia na rúa Fernando VI nº 22 – 1º de Ferrol.
Á persoa que contactou coa CRMH gustarialle entregar o manuscrito escaneado da carta orixinal en papel en moi mal estado, cosidas as follas de Febe Sánchez a súa filla.
Tamén posue o orixinal dun diploma de tiro que reproducimos a continuación.
Se alguén pode aportar información sobre María Antonia Sánchez Celeiro ou da súa familia, pregamos contacten no correo info@memoriadacoruna.gal ou a través das redes sociais da CRMH da Coruña


