Cárcere da Torre da Coruña. Un lugar da memoria da represión
Regina Silvarrey entregounos esta foto que escaneamos e compartiu a historia do seu bisavó Manuel Martínez Lafuente, presente nesta instantanea no interior do cárcere da Coruña.
Estamos moi agradecidos con Regina que compartise con nós a historia de Manuel , e así a poidamos compartir tamén publicamente a través dos medios da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Unha historia que sigue a investigar a día de hoxe.
Primeiramente, a foto causa extremecemento. Realizada por “Foto Artús” con sede na rúa Rego de Auga da Coruña como pode comprobarse do escaneo que fixemos do reverso da fotografía.


Regina calcula que a foto esta datada entre os anos 1939 e 1940 aproximadamente. Faino a través doutra fotografía que encargou a visaboa de Regina, e que fixo xunto aos seus fillas e fillo e que enviou para que a tivese Manuel no cárcere cunha mensaxe de que non o esquecerían.
A avoa de Regina é a nena pequena da parte dereita da fotografía que naceu en 1935. Na imaxe calcula que pode ter uns 4 ou cinco anos, polo que data a totografía nese abano de anos de 1939 a 1940.
Ademáis na investigación que está a facer Regina, xa localizou a causa no Arquivo de Ferrol e é de 1939. Causa á que está a pedir acceso.
Manuel Martínez Lafuente naceu na parroquia de Nós (Oleiros) e casou e viviu en Armental , unha parroquia cambresa coñecida como a “pequena Rusia” de onde era a súa muller Dolores Santiso Souto.
Regina sabe que ademais de pasar pola cadea, o seu bisavó estivo fuxido no monte 5 anos e escondido nunha casa que tiña dobre teito, nunha palleira onde lle levaban comida.
Son moitas as persoas que contactan coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para saber de familiares que pasaron penurias no cárcere da Coruña.
Desde a CRMH colaboraremos na difusión da memoria destas persoas e o recoñecemento delas polo que desenvolveremos actividades neste sentido durante os vindeiros meses. En primeiro lugar, solicitaremos o acceso aos expedientes dos presos políticos do franquismo entre os anos 1936 e 1971 que Institucións Penitenciarias cedeu ao Arquivo do Reino de Galiza, que nos permitirá avanzar no obxectivo de que o cárcere da Coruña sexa declarado como Lugar de Memoria.

Fotografía histórica. Mil gracias a Regina Silvarrey. Ojalá pudieran recopilarse todas las fotografías y publicarse en un libro. Muchos descendientes y familiares de presos políticos, lo agradeceríamos. Mi abuelo, José Queiruga Allegue, preso político, estuvo en esta cárcel de 1938 a noviembre de 1942. Según dejó constancia, durante el invierno de 1940-41, todos los días se producían dos, tres y hasta cinco fallecimientos, si no recuerdo mal, por hambre. Frío, hambre, enfermedades, torturas, maltrato psicológico… Por suerte, mi abuelo sobrevivió y murió en 1983.
O noso interese e investigar e dar a coñecer todas estas tremendas historias e documentos. Reiteramos o noso agradecemento a Regina por facelo, e a animamos a compartir novos relatos e documentos con nós para difundilos nesta web.
si, mi abuelo también sobrevivió murió en el 91, un beso