Actualidade

Casa Cornide. A historia dunha tomadura de pelo

Cumpriranse moi próximamente os dous anos da declaración como Ben de Interese Cultural da Casa Cornide e a Xunta de Galiza continúa sen facer cumprir á familia Franco a obriga de apertura pública e de balde deste patrimonio coruñés, cando menos catro días ao mes.

A este respecto xa esiximos publicamente fai meses, que a Xunta de Galiza – administración competente na materia – o cumprimento da legalidade, ao que a familia Franco parece inmune. E por elo, que reiteramos, e independentemente das sancións administrativas que procedan, se interpoñan pola Xunta de Galiza medidas coercitivas agravadas (e mesmo penais), polo manifesto e reiterado incumprimento das obrigas legais ao respecto da apertura á visita pública da Casa Cornide.

Mais se este claro e prolongado incumprimento da legalidade resulta sorprendente, tamén o é o que ten que ver co proceso de reclamación da titularidade pública deste ben.

A este respecto temos que lembrar que a Xunta de Goberno Local acordaba o pasado 17 de abril do pasado ano iniciar dous procedementos. En concreto os seguintes:

  • Instar ao Ministerio de Educación e de Facenda a unha revisión de oficio da permuta da Casa Cornide.
  • Propor ao pleno a revisión de oficio dos acordos realizados polo concello en 1962 de venda e adxudicación en poxa da Casa Cornide.

Os acordos sobre revisión de oficio contidos neste último punto foron acordados por unanimidade da Corporación (Pleno celebrado o 2 de maio de 2024), e tanto os primeiros (no que se insta ao Ministerios citados) como os segundos (no que se acordan polo pleno) están sometidos ao prazo de seis meses establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo. En concreto ao seu artigo 106, onde no seu apartado 5, establecese:

 “Cando o procedemento se iniciara de oficio, o transcurso do prazo de seis meses desde o seu inicio, o transcurso do prazo de seis meses desde o seu inicio sen ditarse resolución producirá a caducidade do mesmo. Se o procedemento se iniciara a solicitude de interesado, se poderá entender a mesma desestimada por silencio administrativo”.

A maiores, a Alcaldesa da Coruña negase a convocar o Consello  Municipal de Memoria Democrática, a pesar das reiteradas solicitudes presentadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e de acordos municipais ao respecto, e polo tanto, non se deu conta deste procedemento sobre os que xa pasaron amplamente os seis meses previstos na Lei.

En resumo, opacidade e inacción do Concello da Coruña no proceso de recuperación para o patrimonio público e connivencia da Xunta de Galiza coa familia Franco, que consinte a dia de hoxe o incumpremento das obrigas da propiedade en materia do réxime de visitas.

Por todo elo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña demanda publicamente:

  1. Que a Xunta de Galiza, independentemente das sancións administrativas que procedan, se interpoñan pola Xunta de Galiza medidas coercitivas agravadas (e mesmo penais) polos xa aquí citados incumprimentos reiterados.
  2. Que por parte do Concello se convoque o Consello Municipal de Memoria Democrática e informe do estado real do procemento de recuperación da Casa Cornide (independentemente da información previa á Corporación Municipal e pública que se considere), e nomeadamente, da situación dos expedientes de revisión de oficio dos acordos aquí citados.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *