Casa Cornide; tarde, mal e a rastro
Diante do anuncio do Concello da Coruña, onde se lle traslada a opinión pública por parte do concello da Coruña dun “inicio de expediente administrativo” para a revisión da permuta asinada en 1962 da Casa Cornide, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, manifesta:
1º. Sorprende a tardanza do inicio deste expediente administrativo de revisión de oficio da permuta realizada no seu día entre o Ministerio de Esucación e o concello da Coruña amparándose nun informe xuridico da UDC, toda vez que este informe, redactado polos catedráticos Carlos Aymerich, Carlos Amoedo e José Manuel Busto é do ano 2020.
2º. O inicio deste expediente non xustifica en ningún caso a demora na presentación da demanda civil, xa que está é a única via xudicial que pode modificar realmente a titularidade pública deste ben en mans da familia Franco. E esta demora incomprensíbel so beneficia á familia Franco, xa que cada dia que pasa sen presentarse a reclamación xudicial, complica máis a reversión deste ben.
3º. A CRMH da Coruña insta ao concello, unha vez máis, á presentación da demanda civil e tamén á retirada de honras e distincións ás persoas que participaron deste espolio na cidade da Coruña, entre outros franquistas significados, e que afastan ao concello da Coruña da normalidade democrática.