Castelao. Constructor da Memoria Histórica de Galiza
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e Via Galega organizan dentro do Ano Castelao unha palestra titulada “Castelao: constructor da Memoria Histórica de Galiza”. O acto terá lugar o vindeiro martes 2 de decembro ás 19:30 horas na Casa Museu Casares Quiroga e contará coa participación de Mª Pilar García Negro.
“Castelao consagrou a súa vida adulta a significarnos e defendernos como povo, empregando todos os seus talentos na tarefa de retratarnos como sociedade con problemas e necesidades específicas, que non collían nos denominados intereses xerais do Estado, e que o fixo sempre desacomplexadamente, nun momento histórico como o que el viveu e que coñeceu tres terríbeis traxedias bélicas: a 1ª guerra mundial, a guerra civil española e a 2ª guerra mundial…” Castelao é un pedagogo cívico e patriótico, óptimo para nos explicar o drama da guerra civil española e as súas consecuenciencias, a dureza do exilio, o desengano das democracias occidentais respecto ao papel consentidor da dictadura fascista española, o empeño para reorganizar o nacionalismo galego e por dotar a Galiza de órganos representativos… Castelao é o grande construtor da memoria histórica de Galiza.
De todo isto e da demanda de socialización do necesario coñecemento e divulgación da obra de Castelao falará a profesora honoraria da Universidade da Coruña, investigadora e escritora, María Pilar García Negro na Casa-Museo Casares Quiroga.


