Actualidade

Cea da República; Nova xornada de emocións e recoñecemento ás vitimas do franquismo ao carón da familia Seijas e nomeadamente de Maruxa, Reupublicana de Honra 2025.

Hoxe pechabamos os actos ao redor do Día da República e de homenaxe a Carmen Seijas, ou como prefire que lle chamen, Maruxa do Querelé. E o fixemos acomapañandoa a ela, a súa familia, @s seus veciñ@s dos barrios da Silva e do Ventorrillo este sábado 12 de abril no que cumpría – nada máis e nada menos- que 100 anos.

Xa o destacamos e hoxe o repetimos. Os valores que tantas mulleres desenvolveron nos barrios coruñeses, que como Maruxa Seijas souberon enfrontar con valor e determinación as durisimas condicións de vida nunha sociedade economicamente devastada e amordazada polo terror golpista de 1936. Memoria compartida que forma parte da vida e da memoria de moitas coruñesas e coruñeses, coa que nos sentimos representad@s e recoñecid@s.

Maruxa é natural do barrio da Silva. Barrio obreiro e consciente da súa clase, da que Maruxa sempre sentiu orgullo e do que nunca renegou. E veciña dos seus, e por elo recibiu hoxe o agarimo e cercanía dos seus.

A cea da República

Inicialmente, tendo en conta a idade e a mobilidade de Maruxa, non estaba prevista a presenza de Maruxa na Cea da República que celebramos no hotel Meliá María Pita da Coruña. A previsión era facerlle entrega do premio como Republicana de Honra ás sús fillas en representación de Maruxa.

Máis Maruxa non quixo perderse o evento e recolleu persoalmente a peza institucional que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña entrega anualmente ás persoas distinguidas co galardón de Rerpublican@ de Honra. Como tamén é tradición, fixo entrega da peza o seu creador e deseñador, o artista Pepe Galán.

Durante a cea, contamos coa actuación de Xose Luis Rivas, “Mini” e o gaiteiro Raul Galego. Tamén sorteamos entre as persoas participantes na cea da República, 9 exemplares do libro “Isaac Díaz Pardo, creación e compromiso na Galicia do século XXI” cedidos pola area de Dereitos Civís da Deputación Provincial da Coruña.

Tamén se lle entregou ás case 80 persoas participantes na cea da República, un exemplar publicado recentemente pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña con motivo das Xornadas conmemorativas do 20 aniversario da Asociación. Deixamos a continuación unha escolma de imaxes:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *