Celsa Díaz Cabanela (Republicana de Honra 2019)
Celsa Díaz Cabanela estreou o seu título de Republicana de Honra 2019 nun acto na Real Academia Galega. A única presa política da prisión provincial da Coruña en 1974 foi elixido pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica. (Fonte texto e imaxes, La Opinión A Coruña)







Este é o texto lido por Chucky Trillo, amiga de Celsa Díaz Cabanela desde a infancia, no acto de presentación da Republicana de Honra 2019 que tivo lugar o 10 de abril de 2019, no local da Real Academia Galega:
HOMENAXE A CELSA: “REPUBLICANA DE HONRA” 2019
Por Chuky Trillo
Cuando se cuenta, se usurpa la memoria de los otros…
Mi memoria o mi nostalgia me han hecho tejer hilos.
Pero no forjar cadenas.
SIMONE SIGNORET, La nostalgia no es lo que era
Boa tarde, en primeiro lugar quero agradecer á Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña que pensase en min para presentar a Celsa nesta merecida homenaxe como Republicana de honra.
Boa tarde, Celsa, hoxe tócame falar de ti, o que me produce un pracer enorme.
Amigas e amigos: Celsa pertence a unha xeración que desde unha idade moi temperá asumiu un compromiso, un compromiso coa xustiza, coa liberdade, coa solidariedade e cos Dereitos Humanos. Coñecémonos na entrada do instituto feminino, corría o curso 71-72, eu era delegada da miña clase e alí apareceron Celsa e Conchi. Conchi non estudaba (era a filla de Xoaquin “ O Panadeiro” veterano militante comunista), Celsa estudaba en Monelos, a partir daquel momento o noso compromiso non daría marcha atrás.
A ditadura fascista seguía en pé, a sombría presenza da ultradereita e da policía político social provocaba que calquera modelo de organización tiña que moverse entre as sombras da clandestinidade. Os partidos políticos e as asociacións estaban prohibidos e calquera manifestación popular nas rúas provocaba deseguido a presenza das forzas armadas e en consecuencia as cargas e detencións policiais.
Naquel momento da historia, as estudantes loitabamos en contra da Lei “Villar Palasí”, e en concreto en contra da lei de selectividade e da subida das taxas de matrícula.
Pero, durante ese mesmo curso ocorreu un suceso que fixo, polo menos en Galicia, que se producise un cambio na oposición organizada que loitaba en contra da ditadura. O 10 de marzo de 1972, organízase en Ferrol unha manifestación para loitar por un convenio xusto en Bazán. Perto das casas da Bazán prodúcese unha carga policial con disparos e caen asasinados dous obreiros: Amador Rei e Daniel Niebla, ademais dun gran número de feridos.
A represión non cesa e deteñen a moitos dos nosos compañeiros, en total 23, o que pasaría a coñecerse como o “proceso dos 23”. Entre as persoas detidas: Sari Alabau, Rafael Pillado, Manuel Amor, Riobó, Aneiros, etcétera. Foi unha data crucial para o movemento obreiro e supuxo tamén unha reorganización do movemento estudantil. O TOP non se andaba con miramentos e pedía un total de 108 anos de prisión para todos eles, destacando Rafael Pillado que resultou condenado con 17 anos.
Aos poucos días de ocorrer estes sucesos, organizamos en Coruña unha misa na igrexa de Oza para protestar polo asasinato de Amador e Daniel. Ao saír de alí, a policía franquista estaba a esperarnos, a social comezou a deter xente e recordo que alguén me colleu polo aire e meteume dun empuxón no bus número 4 que xa ía abarrotado. Salveime polos pelos, pero non ocorreu o mesmo con resto de compañeiras.
Durante aqueles anos as detencións podían significar tortura polo menos ata que pasabas ao cárcere, por iso tiñamos que estar moi preparadas psicoloxicamente. Celsa era unha multireincidente e eles, a poli, sabían perfectamente a quen deter. A Celsa mesmo se lle ía deter á súa casa antes de que calquera manifestación asemblea ou acto cultural se producise.
Non sabería responder se a nosa adolescencia e mocidade foi ou non normal, non sabería a estas alturas tampouco definir que se considera como “normal”, desde logo o que si sei é que, coma mínimo, non era usual. A pesar da nosa idade, eramos plenamente conscientes do perigo que corríamos ao asistir a unha reunión con Geluco, cando nos organizábamos ou cando chegaba propaganda e tiñamos que esconder nas nosas casas un considerable número de “Mundos obrero” e “A voz de pobo”, menos mal que estes últimos non se editaban con tanta frecuencia.
A nosas lecturas eran inesgotables, devorabamos todo o ilegal que caía nas nosas mans: poesía, literatura, teatro, ensaio e marxismo, moito marxismo. Celsa deixoume “La madre” de Gorki, líamos os poemas de Maiakovski, textos de Rosa Luxemburgo, poesía de Gabriel Celaya, Blas de Otero, Antonio Machado, León Felipe, Gloria Fuertes, os “Cuatro ensayos sobre la mujer” de Castilla del Pino, Wilhem Reich, ….estabamos profundamente identificadas coa liberación sexual… organizabamos actos culturais en Monelos o Feminino , l Masculino, Zalaeta Nautica, Maxisterio… o núcleo central estaba formado por Juana, Pedro Morlan, Luciano, Chichi, incorporándose Xosé, Miguel, Perico, Juanci, Pazos, Pelli, Bechi, Yoli, unha infinidade de compañeiras e compañeiros indiscutiblemente comprometidas.
Celsa era unha líder natural, non necesitaba ningunha pincelada externa, a ela a coraxe, o valor, a sinceridade, o compromiso e a lealdade saíanlle das súas entrañas. Non lembro unha soa discusión agre entre nós ou entre ela e alguén mais. A súa casa, na rúa do Rosario, sempre estivo aberta, así como a da Corveira. Aínda que ben é certo que non podíamos caernos moito por alí porque o facelo supoñería durmir en comisaría..
A Celsa detivérona moitísimas veces. Hai uns días repasando A Voz de Galicia de maio do 74, atopeime cunhas noticias na que se facía referencia ás siglas CDC. A noticia di o seguinte:
MAS DE UN CENTENAR DE ALUMNOS DE SEXTO DE BACHILLERATO Y COU, DE LA CORUÑA, SE MANIFESTARON AYER.
Una joven ingresó en prisión y otros dos estudiantes, detenidos, quedaron en libertad.
Algo más de un centenar de alumnos de 6 curso y COU de los Institutos Zalaeta, Monelos, Femenino y masculino desfilaron pacíficamente desde la plaza de Pontevedra hasta la delegación provincial del ministerio de Educación, allí se entrego un escrito al delegado en el que se exponían los perjuicios que ocasionaba, en caso de producirse, la ley de selectividad y la subida de los derechos de matrícula.
Desde allí el grupo se dirigió a Fernández Latorre y en las escalerillas de santa Lucia , al parecer, se practicaron tres detenciones, dos chicas y un chico: CDC y JR. Tras prestar declaración una chica y el chico fueron puestos en libertad y la otra chica CDC pasó a disposición del Juzgado, que ordenó su ingreso en prisión.
Outra das noticias, esta de octubro de 1974, sinálaba tamén:
SOBRESEIDO EL CASO DE UNA JOVEN ESTUDIANTE CORUÑESA DETENIDA EN UNA MANIFESTACION
La joven había sido detenida en mayo y le fue impuesta una multa de 150.000 pesetas. Sus compañeros le pagaron la fianza, 25.000, pero por impago de la sanción, volvió a ser ingresada en la cárcel, en donde permaneció durante dos meses.
A Celsa expedientárona e tivo que abandonar os seus estudos, algo que máis tarde concluiría. Pero hai algo na vida desta muller republicana que che obriga a frear en seco. Nos anos oitenta o SIDA fai a súa aparición provocando estragos entre a mocidade galega, moitos dos nosos amigos caeron baixo os seus temibles efectos, Miguel foi un deles, era o seu compañeiro. Naquel momento retomamos de novo a nosa relación e, como non podería ser doutro xeito, Celsa de novo mostrou un valor incalculable, de verdade. Cando a xente tiña medo de darlle un bico a unha persoa seropositiva, a darlle a man ou mesmo a servir algo nun vaso, cando esta enfermidade estigmatizaba cunha gran frivolidade a miles e miles de persoas, conducíndolles a un alto risco de morte, créase na Coruña o comité anti sida. De novo, era necesario recorrer ao valor, coraxe, amor, solidariedade para enfrontarse a esta pandemia. E ela tívoo.
O sistema que carece de toda xustiza que actúa de forma perversa, permite que en cada pequeno recuncho das nosas vidas sempre xurdan grupos de mozas, de adolescentes que sexan capaces de enfrontarse reconducindo a súa indignación. Non podemos deixar pasar episodios da historia que nos resultan incómodos, non podemos agachar a cabeza e dicir: “aquí non pasa nada”.
Por último, quería rematar esta intervención escollendo un texto que Manuel Vázquez Montalbán escribiu en 1977, nel fai referencia a un fascismo que non semella tan lonxe.
“Se está creando la falsa impresión colectiva de que el fascismo se ha ido y nadie sabe como ha sido. …
Es preciso que se convierta en tema parlamentario la necesidad de reeducación democrática generalizada, que empiece por donde ha de empezar por los libros de texto de enseñanza primaria. Hay que devolver al pueblo su verdadera memoria y explicarle la historia colectiva según la lógica democrática, no según la lógica épica- triunfal fascista, aun presente en los manuelas escolares. Hay que aislar a los fascistas supervivientes y recalcitrantes como lo que son, agentes de la muerte y el irracionalismo. Y, sobre todo, hay que convertir la “conducta democrática” en algo ejemplar, transparente, en una auténtica alternativa de relación personal y colectiva”.
Amigas e amigos unha gran aperta
Celsa quérote moito
A Coruña, 10 abril de 2019