Charla de Luis Sánchez no Instituto de Baio sobre a represión franquista
O investigador e autor do Arquivo da Represión (Mulleres, Homes e homiños) Luis Sánchez, impartirá unha charla a alumnas e alumnos este vindeiro lúns día 20 ás 08:45 horas no IES Maximino Romero de Lema

O noso compañeiro e investigador Luis Sánchez non só atende e xestiona os datos desa base de datos da represión que podes consultar nesta web, e que Luis mantén en permanente actualización. Tamén acude alí onde o chaman para falar dos arquivos dos perseguidos na guerra civil.
Así faráo este vindeiro luns no IES Maximino Romero de Lema de Baio, no Concello de Zas.


