
Conferencia “Mulleres na Revolución Social” o vindeiro venres 25 de setembro
A CGT da Coruña e o Ateneo Aurora conmemoran o 90 aniversario da Revolución Social de 1936 coa celebración o venres 25 de setembro dunha palestra da historiadora Yanira Hermida que repasará o protagonismo das mulleres en diferentes períodos revolucionarios, desde as primeiras utopías revolucionarias ata a actualidade.
No marco da conmemoración do 90 aniversario da Revolución Social de 1936, a CGT da Coruña xunto ao Ateneo Aurora, organizan a palestra “Mulleres na Revolución Social” a cargo da historiadora e investigadora Yanira Hermida Martín, que terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Casa Sindical da CGT da Coruña (Entrepeñas, 6). A entrada é libre e ata completar aforo.
A palestra fará un percorrido histórico seguindo o fío do protagonismo das mulleres nos episodios revolucionarios dende as primeiras utopías revolucionarias, pasando pola Comuna parisina con Louise Michel, as libertarias na Revolución rusa de 1917 e, por suposto, a experiencia de Mujeres Libres na Revolución española de 1936, ata chegar aos nosos días coas loitas das mulleres zapatistas e do Kurdistán.
Yanira Hermida Martín é doutora en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, doctoranda en Estudos de Xénero e Políticas de Igualdade na Universitat de Valencia e profesora externa do Máster de Estudios Feministas desa universidade. As súas liñas de investigación son: Memoria Histórica antifascista, Historia feminista en Canarias, e Memoria e Historia Anarcofeminista.
Entre as súas publicacións destacan dous libros sobre a Sección Femenina en Tenerife, o libro Luchaban por un Mundo Nuevo (2015) sobre Lucía Sánchez Saornil e Sara Berenguer e o libro En un mar de silencio y olvido (2020) sobre as anarcofeministas canarias. Ten publicado tamén numerosos textos en obras colectivas, revistas científicas e de divulgación como: Una lectura feminista de “La Conquista del Pan” de Pedro Kropotkin; Buscando bajo las piedras: ¿Dónde están las referentes lesbianas del movimiento libertario español? (2021) Asparkía. Investigació feminista. 38, pp.293-313; Plenas se entregaron… Libertarias en la Revolución Rusa; Todo pueblo escribe su propio destino. Experiencias prácticas y reales de mujeres en procesos de autonomía democrática fuera del estado, publicado na revista Jineolojî traducido ao turco (2019) e ao inglés (2020).

