Actualidade

Convocatoria de reunión urxente diante da inminente caducidade do procedemento BIC do Museo Carlos Maside

As asociacións, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), Asociación Alexandre Bóveda da Coruña, Asociación Eiravella de Betanzos e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, xa fixeron pública días atrás a preocupación pola paralización do procedemento de declaración BIC do Museo Carlos Maside de Sada.

O día 1 de agosto de 2023 a Xunta de Galiza resolvia a incoación do procedemento para declarar BIC o Museo (DOG do 11 de agosto de 2023) tendo un prazo legal máximo de 24 meses para resolver, polo que se a Consellería de Cultura non a tramitase nese prazo, esta declaración BIC decaería.

O asociacionismo  cultural e memorialista, ven reclamando históricamente a máxima protección para o museo Carlos Maside, que TAMÉN UN LUGAR DE MEMORIA, como así o repetía o seu fundador Isaac Díaz Pardo.

Diante do interese manifestado por numerosas persoas e entidades e co fin de estudar medidas para conseguir que a Xunta de Galiza defenda o interese xeral neste asunto, convocamos a todo o asociacionismo cultural e memorialista de Galiza, ou persoas interesadas, a unha reunión o vindeiro LUNS, día 21 de xullo ás 19:30 h nos locais da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa Santo André 36- 1ª andar da Coruña.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *