Actualidade

Corcubión declara o 2 de decembro «Día da memoria histórica da Costa da Morte» na honra de Pepe Miñones

Este luns 2 de decembro, ás 19:45h, Corcubión celebrou un acto na memoria de Pepe Miñones. A Asociación Boca de Sapo fixo a súa entrega floral diante do monolito situado na Praza Castelao, con motivo do 88 aniversario do seu asasinato.

Boca de Sapo quixo facer memoria deste xeito a Pepe Miñones e a todos e todas os represaliadas pola barbarie fascista, convertindo a data no «Día da memoria histórica da Costa da Morte».

No acto estivo presente Alex López presidente da asociación ecosocial e cultural Boca de Sapo, Rafael Mouzo membro da directiva de Boca de Sapo e ex-alcalde do Concello de Corcubión e o actual rexedor de Corcubión Xabier Domínguez “Drok”.

Fonte orixinal da nova: https://www.quepasanacosta.gal/articulo/corcubion/corcubion-declara-2-decembro-dia-da-memoria-historica-da-costa-da-morte-honra-pepe-minones/20241203080056159899.html?fbclid=IwY2xjawG9iyVleHRuA2FlbQIxMQABHTFm-cWI-2FHdunC4UD5spV2d3Yy0j7jTFiKf3uEGs2OdS2fcsV-mg95eQ_aem_KsUeo67e6fVBRwINH6UpgQ

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *