Disidentes
ORIXE E IMPORTANCIA DO CEMITERIO CIVIL DA CORUÑA
Quen son os disidentes? A reclamación dun cemiterio civil
Na prensa da segunda metade do século XIX eran alcuñadas como disidentes as expulsas por causa dos preceptos da relixión católica, castigadas a seren soterradas alén dos muros dos cemiterios, persoas que profesaban outras relixións distintas, e mais quen facía parte de movementos sociais partidarios do librepensamento, que reclamaron o seu dereito a rexeitar o rito católico de sepultura e que promoveron a construción do Cemiterio Civil da Coruña.
As vidas dos nomes
Cronograma
Equipa investigadora
No 2020 a CRMH estimula a criación dun grupo de pesquisa sobre a orixe do Cemiterio Civil da Coruña.
Envólvense no proxecto de investigación:
Eliseo Fernández
Licenciado en Documentación, bibliotecario e investigador da historia do sindicalismo e anarquismo na Galiza.
Aurora Paz
Licenciada en Historia e investigadora do republicanismo e do antifranquismo na Coruña.
Daniel Palleiro
Licenciado en Antropoloxía e investigador do movimento obreiro e libertario na Coruña.
Membro de Refuxios da Memoria.