20 aniversario da CRMH da CoruñaActualidade

Do campo da Rata a unha fosa común do cemiterio de Santo Amaro

Na imaxe que encabeza este texto, podemos ver unha instantanea aerea que recolle algúns dos lugares da memoria da represión franquista. Anque dificil de localizar na imaxe, está o acuartelamento de Atocha, sede de xuizos sumarísimos, autenticas farsas de tribunais ilexítimos que ditaron unha retaila de penas de morte e onde actuaron persoas que ainda manteñen de maneira vergoñenta rúas e recoñecementos como é o caso de Sergio Peñamaría de Llano, quen fora fiscal militar como acusador, e que anos despois chegaría a ocupar o posto de alcalde da Coruña tras a morte de Alfonso Molina Brandao.

Moitas desas persoas agardaron pola execución das súas penas no antigo cárcere da Coruña, que tamén pode verse na parte superior dereita da imaxe. Un lugar este tamén significado na memoria da represión na Coruña, hoxe abandonado polas administracións públicas.

Desde ese penal, foron conducidos ao campo da Rata, que pode verse parcialmente na parte inferior dereita da imaxe, para ser fusilados e xustificar así o andazo de “derrames internos” que comezaron a darse como causas de mortes oficiais nos certificados de defunción a partir de xullo de 1936.

A inmensa maioría destas persoas fusiladas eran conducidas a fosas preparadas no cemiterio de Santo Amaro dos que se foron rexistrando ate 272 enterramentos. Ese é o número que ate o momento, poido documentar Rubém Centeno nun fantastico traballo de investigación no que estamos a colaborar na súa difusión desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Moitas destas persoas continúan nestas fosas comúns como o caso de Bebel García, un dos irmáns da lexía e que figura na relación de persoas que forón fusiladas no campo da Rata, e conducidas a unha desas fosas no cemiterio de Santo Amaro, e que o feito de ser xogador do Deportivo da Coruña naquel momento, fixo que tivera unha importante repercusión nos medios, cando o autor do citado traballo de investigación ofreceu as primeiras conclusións.

Sorprende ademais, que boa parte das autoridades republicanas da cidade da Coruña que foron pasados polas armas no campo da Rata (ou paseados noutros lugares) remataron soterrados nestas fosas do cemiterio de Santo Amaro.

Resulta moi chamativo que tras case 90 anos despois das execucións e 50 anos da morte do ditador Franco, non se coñezan estos datos. A xeito de exemplo poñemos o caso da máxima autoridade da República na cidade e provincia da Coruña. O quen fora gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, fusilado no campo da Rata o 25 de xullo de 1936 e conducido ese mesmo día a unha destas fosas.

Máis compre contestar a algunhas preguntas que den algo de rigor ao que estamos a afirmar.

Significa esto que todas as autoridades da Coruña asasinadas polo franquismo, remataron en fosas no cemiterio de Santo Amaro?

Non. Existe algún caso, como por exemplo o quen foi o último alcalde do periodo republicano, Alfredo Suárez Ferrin que foi conducido desde o campo da Rata a un entrerramento en nicho do cemiterio de Santo Amaro.

Se houbo 272 persoas soterradas de xeito clandestino (ainda que documentado), significa que todos esos corpos permanecen desde o soterramento nesas fosas?

Non todos. Algunhas desas persoas foron posteriormente trasladados a nichos por solicitude das familias e estan recollidas e documentadas no traballo de Rubem Centeno. Unha delas foi o propio gobernador civil da Coruña Francisco Pérez Carballo.

En 1941 o pai de Pérez Carballo, solicitaba este traslado da fosa a un nicho do propio cemiterio de Santo Amaro e quen era daquela gobernador civil da Coruña (Emilio de Aspe y Vaamonde) ditaba a seguinte resolución:

En uso de las atribuciones que me están conferidas y previo cumplimiento disposiciones sanitarias vigentes, concedo autorización a D. Emilio Perez Fernandez, vecino de esta Capital, para trasladar los restos mortales de su hijo Francisco Perez Carballo,oue ha fallecido el dia 25 de Julio de 1936, a consecuencia de derrame interno, dende una sepultura del Cementerio Católico de esta Capital a un nicho del mismo Cementerio.

Lo que comunico a V. para su conocl miento y efectos.-

Dios guarde a V. muchos años.

La Coruña a 16 de Mavo de de 1.941.- EL GOBERNADOR CIVIL.-

Nas fosas so enterraban a persoas fusiladas no campo da Rata?

Non. Hai persoas que foron asasiñadas noutros lugares e que remataron nunha das fosas como foi o caso do Secretario da Mocidades Galeguistas na Coruña, Pedro Galán Calvete, que apareceu o seu corpo tras un “paseo” nunha gavia da Corveira en Culleredo.

Mais, para contestar a estas e outras preguntas deste traballo de investigación, organizaremos o vindeiro mércores 27 de novembro, e dentro do ciclo de Xornadas que conmemoran o 20 aniversario do nacemento da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, as palestras que abordarán os lugares da memoria da represión na cidade da Coruña.

Vémonos alí.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *