Elvira Varela Bao (Republicana de Honra 2013)
Cando xullo 36, Elvira Varela Bao tiña dez anos. Daquel tempo lembrou de por vida a detención da súa nai, a mestra Elvira Bao e a persecución a seu pai, o capitán da mariña Bernardino Varela. O medo que pasaron a partir de entón foi para ela e nas súas propias palabras, “inenarrábel”.
Elvira Varela Bao vén de falecer aos 94 anos de idade. Foi testetmuña vida das Irmandades e o galeguismo. Republicana de Honra 2013 nomeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, participou en infinidade de iniciativas de recuperación da memoria histórica. “Para que aquilo nunca máis se repita”, dicía.
A súa nai, Elvira Bao, foi presidenta da Agrupación Republicana Feminina e tanto ela como o seu home Bernardino Varela eran membros das Irmandades da Fala.